xoves, 26 de xuño de 2025

VI CROSS DO ALTAMIRA

 O pasado 27 de Maio celebramos o VI Cross do noso cole, onde todo o alumando, dende 1º a 6º, desfrutou das carreiras por dentro e fora do centro escolar. Un día cheo de nervios, ilusións e alegrías. Aquí tedes aos gañadores das carreiras.







XORNADA DE ATLETISMO EN PISTA

 O alumnado de 5º desprazouse a Tomiño para realizar unha xornada de atletismo en pista onde fixeron carreiras de velocidade, relevos, lanzamento de vortex, de peso, salto de lonxitude e carreiras de fondo. Foi unha fantástica experiencia para eles na que descubriron un marabilloso deporte e acadaron excelentes resultados.







O DEPORTE DA LOITA

O alumnado de 4º de primaria disfrutou dunha xornada de iniciación ao deporte da loita con outros centros da zona do Baixo Miño. Que ben o pasaron!