venres, 22 de novembro de 2013

CAMPO A TRAVÉS EN MOS

        Estimadas familias, informámosvos de que o vindeiro sábado 30 de novembro todo o alumnado do C.E.P. ALTAMIRA, a partir do 2º curso, poderá participar na carreira de campo a través que terá lugar en Mos, ao lado do pavillón Oscar Pereiro, ao longo da mañá.
         Esta proba coincidirá con outras competicións das actividades extraescolares, pero dende o centro recomendamos a participación neste tipo de encontros por reunir a nenos/as de dintintos colexios do Baixo Miño, sendo unha actividade moi enriquecedora que se organiza só unha vez ao ano.
           
      Haberá que estar nas instalación ás 9.30 para a entrega de documentación e, no caso de poder solicitar un autobús, este sairá do colexio ás 9.00. Para máis información (percorridos, hora das distintas carreiras…) poden consultar a páxina da agrupación: www.agrudebam.es

 CROSS

      CAMPO A TRAVÉS 2013. MOS from cepaltamira on Vimeo.
  
 E aquí temos a outro SUPERATLETA!


      PABLO ALMEIDA, que competiu co Clube de atletismo de Porriño e quedou de primeiro na súa categoría e tamén por equipos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario